O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente, en todas as actividades de avaliación.
Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todas as competencias e contidos da materia, coa que se poderá obter o 100% da cualificación.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, agás para as datas no que compete á proba mixta, para as restantes actividades de avaliación (que terán o mesmo formato que para o alumnado con dedicación a tempo completo) acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, polo que este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre no que se imparte a materia.
A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade.
Segundo normativa da Universidade, o acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non autorizados expresamente polo profesorado responsable, será causa suficiente de expulsión da proba. Asimesmo, en caso de realización fraudulenta dunha proba de avaliación procederase á expulsión inmediata do alumnado implicado da proba. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria da materia.