Considérase
que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará
o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e
casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco,
estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao
exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade
coma para xullo e para a convocatoria adiantada de decembro.
Tanto
o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados
realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período
lectivo dado que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial
como a tempo completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación.
Para
o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos
sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan
unha nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media
ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase
que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo,
recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera
procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero no exame.