Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Proceso Software |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Proceso Software | Código | 614G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A7 A14 A22 B1 B3 C7 | Exame escrito individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese coa parte teórica e o 10% coa parte práctica. | 60 |
Prácticas de laboratorio | A7 A14 B1 B2 B3 | Os alumnos, en grupo, deberán resolver o análise de requisitos dun dominio plantexado polo profesor. | 40 |
Observacións avaliación | |||
AVALIACIÓN: A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes aspectos: 1. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo do curso realizaranse diferentes prácticas, entre as que destaca a realización da análise de requisitos dun dominio exposto polo profesor. Para a avaliación desta práctica supervisada terase en conta:
2. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O exame final compóñense de dous partes: unha teórica, cun peso do 50% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante remarcar que en ambas as partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na materia. ALUMNOS DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada, recoméndase que estes alumnos falen co profesor ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización. En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistir ás mesmas. REQUISITOS:Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos: 1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida. 2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 3 puntos sobre os 6 asignados a esta parte. No caso de que non se cumprise este requisito, a nota final da materia será a do exame final puntuada sobre 10. RECUPERACIÓN:Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a realización dun novo exame final (teórico e práctico). Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada esta parte non poderá recuperarse. |
|