Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que os alumnos coñezan as competencias que se pretende que adquiran.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización dos alumnos para o seu óptimo desenvolvemento.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Nas propias sesións, integraranse outra metodoloxías como prácticas a través de Tics, aprendizaxe colaborativa ou presentacións orais dos alumnos.
Práctica de actividade física Realización por parte dos alumnos das tarefas motrices de aprendizaxe propostas: polo profesor, por outros compañeiros ou polo propio alumno.
Pretende facilitar a práctica dos alumnos, ata que sexan capaces de realizar determinadas habilidades específicas cun certo grao de competencia permitindo aplicar sobre o grupo de traballo e sobre si mesmo os coñecementos que vaia adquirindo na materia, que valore a constancia e o esforzo para lograr as metas; e, adquira, se é posible, o interese pola práctica da natación.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupo non presencial relacionado cos contidos prácticos da materia e co desenvolvemento do traballo teórico-práctico.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que describe unha situación real, e debe ser capaz de analizala, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas a través de TIC Empregarase unha aplicación como Kahoot ou similar, coa intención de estimular aos alumnos para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións anteriores ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os alumnos con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión onde se utilice Kahoot.
Tamén se exporán cuestionarios para determinar o grao de comprensión dos artigos propostos relacionados con distintos contidos do temario (relacionado coa metodoloxía "lecturas") a través da plataforma Moodle da UDC.
Saídas de campo Observación e análise de sesións de adestramento en clubs que contemplen a práctica da natación deportiva.
Lecturas Poñeranse a disposición dos alumnos, a través da plataforma Moodle, unha serie documentos escritos co fin de profundar nos contidos traballados e, tamén, discutir sobre eles. Tamén se propoñerán títulos de obras relacionadas coa natación deportiva para o estudo, compresión e argumentación de aspectos desenvolvidos na materia.
Portafolios do alumno É un cartafol ou archivador (físico ou virtual) ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Proba mixta Proba con preguntas de resposta breve, realizada ao fin da materia, na data prevista de exame.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno #desenvolver total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
En xeral, pretende que o alumno sexa consciente do seu nivel de execución, que aplique sobre o grupo de traballo e sobre si mesmo os coñecementos que vaia adquirindo na materia, que valore a constancia e o esforzo para lograr as metas e adquira, se é posible, o interese pola práctica da natación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes