Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A33 B1 B2 B9 Exame final teórico de toda a materia impartida na materia, no cal se incluirán os contidos tratados nas prácticas; o tipo de exame será de exposición escrita (preguntas de desenvolvemento temático e preguntas de respostas breves) e/ou cuestións obxectivas. 10
Portafolios do alumno B7 B9 B20 C1 C2 C3 C6 C7 Realizarase un seguimento periódico do desenvolvemento do portafolios, recibindo unha puntuación en cada control. 60
Proba práctica A25 Exame final de execución sobre contidos desenvolvidos nas prácticas.
Este apartado é obrigatorio e a non realización do mesmo ou a non superación das tarefas expostas ou das cuestións realizadas implicará non aprobar a materia.
10
Prácticas a través de TIC A5 B4 B9 Durante o curso presentarase a través de Tics (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis para motivar á lectura dos documentos facilitados, así como para motivar o estudo e a resolución de dúbidas. 20
 
Observacións avaliación
O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación final
O alumnado con matrícula a tempo parcial deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades.

1. Avaliación continua:
Requisitos indispensables para este sistema de avaliación son, pola seguinte orde:
1.a. Asistencia polo menos ao 80% das sesións presenciais para todos aqueles alumnos matriculados na materia por primeira vez ou no caso de segunda matrícula ou posterior se non se completou con anterioridade a porcentaxe indicada. No caso de que un alumno, presente razóns xustificadas documentalmente que lle impidan a asistencia ao 80% das clases deberá realizar un exame sobre cuestións e procedementos metodolóxicos da ensino-perfeccionamento da natación, expostas durante o desenvolvemento da materia, en situación simulada na propia piscina.
1.b. Que o resultado do exame teórico sexa igual ou superior a 5.00.
1.c. Que o resultado do exame práctico sexa igual ou superior a 5.00.
1.d. Que a media ponderado resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00.
1.e. Segundo o exposto, a nota final obterase como resultado da media ponderado das catro metodoloxías expostas na avaliación.

2. Avaliación final:
2a. Optará a ela, o alumnado que non cumpra uns ou varios dos seguintes requisitos:
- asistencia superior ao 60% e inferior ao 80% das sesións presenciais
- elaborar o portafolio
- realizar as prácticas a través de TIC.

2 b. Para aprobar a materia hase de realizar a proba mixta e a proba práctica:
- Proba mixta: obter 7.5 sobre 10 puntos.
- Proba práctica: obter 7.5 sobre 10 puntos.
- Asistencia superior ao 60% das clases presenciais.

3. Criterios de actuación cos estudantes lesionados na avaliación da práctica da actividade física:
3.a. Os alumnos lesionados poderán solicitar a adaptación das tarefas motrices a realizar nas probas de avaliación.
3. b. No caso de que a lesión non permita a realización da avaliación práctica esta levará a cabo nunha posterior oportunidade da mesma ou outra convocatoria.

4. Observacións con respecto ás convocatorias de exame e ás puntuacións das preguntas de exame:
4.a. Cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo). Cando nunha mesma convocatoria un alumno ten unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".
4. b. Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.

5. Mantemento de notas na segunda oportunidade da convocatoria:
Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación continua logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria se o alumno así o desexa.

6. Mantemento de notas en convocatorias posteriores:
6a. Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación continua logrados en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia; aínda que, dita cualificación poderá supoñer unha porcentaxe da nota global diferente.
6. b. Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.

7. Consideración en casos de matrícula parcial:
Atenderase ao establecido segundo o sistema de avaliación continua ou de avaliación final.

8. Idioma do exame
O exame estará no idioma de impartición da materia; se algún alumno desexa unha copia do exame no outro idioma oficial da UDC deberá solicitalo ao profesor, como mínimo, unha semana antes da data da súa realización.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes