A materia consta de dous bloques: Camiños e Ferrocarrís.
Existen dúas modalidades de avaliación:
MODALIDADE A
Precísase unha asistencia ao 90% das clases de cada bloque
para poder acollerse a esta modalidade. No caso de que non se alcance esta
porcentaxe nalgún dos dous bloques, automaticamente pasaríase á modalidade B.
Nesta modalidade valorarase:
1. Un
traballo de curso, cun máximo do A% da cualificación final. A cualificación
obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
2. Prácticas
de problemas na aula. Supoñerán ata un máximo do B% da cualificación final, no caso de
resultar aprobadas. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse
unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida
inicialmente máis o 50% da cualificación restante. A cualificación obtida neste
apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
3. Prácticas
propostas para realizar fóra de clase. Constituirán ata un máximo do C% da cualificación final. A cualificación
obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
4. Proba de
avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor de
ata un D% da cualificación final) e un exame de problemas, cun valor máximo do
E% da cualificación final. Para poder aprobar a materia, é imprescindible que a
parte de teoría e a de problemas de cada bloque teñan cada unha delas unha cualificación
superior a 5 sobre 10. Na primeira oportunidade, o alumnado poderá presentarse
só a un bloque ou a ambos os bloques. Considérase que un/a alumno/a preséntase
a un bloque nunha determinada oportunidade se realiza na devandita oportunidade
a proba de avaliación final.
|
Bloque de
Camiños
|
Bloque de
Ferrocarrís
|
Traballo
de curso (A)
|
10
|
10
|
Prácticas de problemas na aula (B)
|
0
|
20
|
Prácticas propostas para realizar fóra de clase (C)
|
10
|
10
|
Proba de avaliación final (D)
|
70
|
40
|
Proba de avaliación final (E)
|
10
|
20
|
Para aprobar a Materia é preciso obter un mínimo de 5 sobre
10 puntos en cada un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís), sumando as
cualificacións obtidas en cada un dos catro apartados anteriormente indicados.
Se un/a alumno/a preséntase na mesma oportunidade aos dous
bloques, podería aprobar a materia a condición de que tivese unha nota superior
ou igual a 4 sobre 10 puntos en cada bloque e a media de ambos fose superior ou
igual a 5 sobre 10 puntos. Do mesmo xeito que no caso anterior, estas puntuacións
refírense á suma das obtidas nos catro apartados indicados anteriormente.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira
oportunidade unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos en
calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.
No caso de que os profesores non expoñan a realización
dalgunha das actividades anteriores, se
prorrateará o peso das demais.
MODALIDADE B
Aqueles estudantes que non satisfagan as condicións da
modalidade A ou que estean matriculados a tempo parcial, deberán realizar un
exame final, composto por unha parte teórica (A% da cualificación final) e unha
parte de problemas ( B% da cualificación final).
|
Bloque de
Camiños
|
Bloque de
Ferrocarrís
|
Parte
teórica (A)
|
90
|
70
|
Parte de
problemas (B)
|
10
|
30
|
Para aprobar a Materia é preciso obter un mínimo de 5 sobre
10 puntos en cada un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís).
Se un/a alumno/a preséntase na mesma oportunidade aos dous
bloques, podería aprobar a materia a condición de que tivese unha nota superior
ou igual a 4 sobre 10 puntos en cada bloque e a media de ambos fose superior ou
igual a 5 sobre 10 puntos.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira
oportunidade unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos en
calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.