A avaliación consta de:
- Exames: Un exame parcial liberatorio ao final do primeiro cuadrimestre e un exame final ao terminar o curso.
- Prácticas: Prácticas e traballos obrigatorios que se exporán en clase e deberán entregarse aos profesores nas datas indicadas. A realización correcta destas prácticas nos prazos establecidos é requisito indispensable para superar a materia. Establecerase unha cualificación mínima en cada unha das prácticas ou
traballos a realizar polo estudante para poder superar a materia. Os estudantes que non asistan regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo do cuadrimestre para que se lles indiquen os traballos e prazos.
A nota da materia será 0,7 * (Nota media de exame) + 0,3 * (Nota de prácticas), a condición de que en cada parcial se teña obtido unha nota de exame igual ou superior a 4,0. Será necesaria unha nota final de 5,0 para superar a materia.
Se nalgún exame parcial non se alcanza a nota mínima de 4,0 o estudante deberá volver presentarse na seguinte oportunidade do mesmo curso. Non se gardan notas para o curso seguinte.
Poderanse establecer cualificacións mínimas en certas (ou todas as) partes dos exames para poder superalos.
Se a cualificación final non alcanza o 5,0, tendo nalgún parcial unha cualificación superior a 5,0 (incluíndo as prácticas, por tanto, tendo máis dun 4,0 en exame), o estudante poderá conservar a nota dese parcial na seguinte oportunidade do mesmo curso.
As probas de avaliación estarán por defecto en castelán. Os estudantes que desexen o enunciado en galego deberán comunicalo aos profesores da materia cun mínimo dunha semana de antelación.
Os estudantes con matrícula a tempo parcial que non poidan asistir ás clases deberán porse en contacto cos profesores ao comezo do curso para establecer unha metodoloxía de avaliación alternativa, cunhas prácticas específicas de entrega obrigatoria adicionais aos exames.