Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 70
 
Observacións avaliación
Oportunidades de xaneiro e xullo

Para superar a
asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10)
sumando as cualificacións correspondentes ás actividades
desenvolvidas nos obradoiros e na proba obxectiva.

O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu nas dúas
oportunidades e a todos os alumnos con independencia da súa situación
académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están
exentos de asistencia excepto nas datas de realización das
probas.

Oportunidade adiantada

Única e exclusivamente nesta oportunidade, a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva de xaneiro e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se
describe nesta guía docente. Para superar a
asignatura requírese obter un mínimo de 5 puntos (sobre un total de
10).

Cuestións xerais

A cualificación de non presentado corresponde só aos alumnos que
participen en actividades de avaliación con unha ponderación inferior ao
20 por cento do total.

Como é preceptivo, as probas réxense pola normativa de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master
universitario
(https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10
(Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e
responsabilidades disciplinarias).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes