Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A5 B1 B2 B5 B7 C2 C3 C6 Supostos prácticos. Analises de datos. 30
Proba de resposta breve A4 A5 B3 B4 C1 Proba na que se avalían os coñecementos teóricos e aplicados adquiridos polo alumno. Consta de preguntas sobre conceptos da materia e aplicacións destes a conxuntos de datos. 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación de, polo menos, 50 sobre 100 no conxunto da materia, cun mínimo de 12 puntos (sobre 30) no "Estudo de casos" e de 28 puntos sobre 70 na "proba de resposta breve" (Exame).
Na oportunidade de xullo os alumnos que entregasen a práctica de Estudo sobre casos se obtiveron unha cualificación suficiente (de polo menos 12/30) non están obrigados a entregar unha nova práctica e só teñen que facer a proba de resposta breve. Tamén poden entregar unha nova práctica ou mellorar a entregada para mellorar a cualificación.
Para obter a cualificación de NON presentado na primeira oportunidade (xaneiro), os alumnos non se poderán presentar a ningunha das dúas probas indicadas (Estudo de casos e Exame). Para obter a cualificación de NON presentado en xullo, os alumnos non se poderán presentar ao exame final desa convocatoria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes