Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Pedagoxía e Didáctica Psicoloxía
O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao, e promover a sostibilidade.
O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión da dirección académica asignada.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.
Trátase dunha materia de 10 créditos, o que se corresponde con 250 horas de traballo para o alumnado.
Dadas as características da materia a porcentaxe do horas de traballo presencial será acordada en última instancia pola persoa/s encargada/s de dirixir o Traballo de Fin de Grao, establecéndose como obrigatorio que cada alumno/a realice polo menos tres titorías presenciais.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías