Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se levan a cabo o inicio do periodo lectivo consistente unha sesión na que se especifican tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Traballos tutelados Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Os estudantes poderán elixir entre os seguintes tipos de traballos:

• Traballo de revisión bibliografica.
Permite aos estudantes identificar, analizar e resumir a literatura existente para determinar o coñecemento actual sobre un tema, área ou problema. Deberá conter os seguintes apartados: resumo. introducción, definición de obxectivos, desenvolvemento, discusión/conclusións, bibliografia.

• Deseño proxecto de investigación.
Permite aos estudantes realizar o deseño dun estudo co obxectivo de definir coidadosamente cada unha das partes que debe conter un traballo científico.Deberá conter os seguintes apartados: resumo. introducción, definición de hipotese e obxectivos, metodoloxía, limitacións e beneficios, cronograma, memoria económica, consideracións éticas, bibliografia.



• Traballos de investigación.
Permite aos estudantes explorar, describir e analizar fenómenos relacionados coa actividade profesional. Deberá conter os seguintes apartados: resumo. introducción, definición de hipotese e obxectivos, metodoloxía, resultados, discusión e conclusións, consideracións éticas, bibliografia.



• Estudio de caso.
Permite aos estudantes realizar a análise minuciosa dun caso para comprender en profundidade o problema de estudo. Deberá conter os seguintes apartados: resumo. introducción, definición de obxectivos, desenvolvemento, discusión/conclusións, consideracións éticas, bibliografia.
Presentación oral Consistirá na exposición oral dos aspectos mais relevantes do traballo realizado durante un tempo máximo de 10 minutos, poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. A exposición oral será en galego ou castelán.
Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes