Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
cruz.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
cruz.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral
A partir do proceso de degradación que sofren os edificios e o ambiente urbano, unha vez concluídas as obras da súa execución e comezada a súa vida útil, analizaranse as intervencións necesarias para frear ou evitar o proceso tendo en conta as particularidades das intervencións.
Analizaranse os diferentes tipos de lesións que orixinan os procesos de deterioración dos materiais e elementos construtivos e potenciarase a adquisición de habilidades para interpretar, a partir de datos analíticos e da observación, os síntomas ou lesións dos distintos fenómenos de deterioración que actúan incluída a súa interacción e estimar as causas que os orixinaron, incluíndo os procesos de deterioración das diferentes familias de materiais.
Farase especial fincapé na metodoloxía a seguir baseada nunha etapa preliminar de observación, de recoñecemento e toma de datos e unha etapa posterior de análise de datos e reconstrución do proceso patolóxico e das súas causas, para posteriormente avaliar a magnitude do proceso patolóxico no informe do diagnóstico e definir unha proposta de actuación que deberá establecer ou non a necesidade de medidas preventivas en caso necesario.
Farase unha introdución ás técnicas de inspección e ensaios específicas que se poden utilizar na toma de datos no estudo do proceso patolóxico.
Abordarase a partir dos diferentes procesos patolóxicos que se poden desenvolver, as técnicas de intervención dos sistemas estruturais: cimentación, estruturas de fábrica e armazóns de madeira, aceiro e formigón e noutros elementos non estruturais traballando con edificios de fábrica tradicionais como poden ser as vivendas unifamiliares de fábrica tradicionais característicos do noso parimonio rural , e con edificios do centro urbano anteriores ou posterioes ao s.XX
Para afianzar os coñecementos expostos nas clases expositivas, as actividades a desenvolver nas clases interactivas que se formularán ao longo do curso: o estudo patolóxico e a intervención, farán referencia a dous tipos de edificios. En caso necesario, analizaranse puntualmente outros edificios relacionados coa materia obxecto do bloque.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías