Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Grao en Enxeñaría Mecánica |
Asignaturas |
INFORMÁTICA |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | INFORMÁTICA | Código | 730G03004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A3 B2 B3 C1 | Proba que evalúa, por escrito, a parte de teoría da asignatura. Recolle preguntas abertas de desenvolvemento, e tamén pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T: nota obtida nesta proba. |
40 |
Prácticas de laboratorio | A3 B2 C1 | Consistirá na recopilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. Criterios de avaliación xerais: * Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P4: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio. |
10 |
Solución de problemas | A3 B2 B4 B6 B9 C1 | Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso, que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación. Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Criterios de avaliación xerais: * Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado. * Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P1: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula. P2: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula. P3: nota obtida na terceira proba de resolución de exercicios na aula. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): 1) Acadar como mínimo o 50% da máxima nota posible na proba mixta (T). Esta proba evalúa únicamente a parte de teoría da asignatura. 2) Acadar como mínimo o 50% da máxima nota posible na parte de programación, que se calcula como a suma ponderada das actividades de avaliación continua de programación (P1, P2, P3 e P4) Si non se cumpren os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso. Si se cumpren, a nota final calcularase da seguinte forma: NOTA FINAL = 0,4×T + 0,1×P1 + 0,15×P2 + 0,25×P3 + 0,1×P4 Os alumnos que suspendan a parte de teoría na primeira convocatoria, terán a posibilidade de facer outra proba mixta equivalente na segunda oportunidade (Xullo). Os alumnos que suspendan a parte de programación na primeira convocatoria, terán a opción de aprobar na segunda convocatoria mediante a realización dunha proba obxectiva baseada na resolución dun ou máis exercicios de programación (P), que se realizarán no mesmo día do exame de teoría. Nesta segunda convocatoria, a nota final calcularase da seguinte forma: NOTA FINAL XULLO = 0,4×T + 0,3xP + (0,05×P1 + 0,075×P2 + 0,125×P3 + 0,05×P4) Para poder aprobar a parte práctica da asignatura la segunda convocatoria, a nota mínima da proba obxectiva de programación (P) é de 3 sobre 10. Notas sobre as actividades de avaliación continua: - Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico. Polo tanto, a nota obtida durante o curso nas actividades P1, P2, P3 e P4 se garda para a convocatoria de Xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILAS. - De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio de calquer traballo práctico levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual. * Normativa de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno dá Universidade dá Coruña ou 19 de decembro de 2013 Os alumnos matriculados a tempo parcial na asignatura poderán obter a calificación final da materia únicamente mediante unha proba mixta a realizar na mesma data de exame dos alumnos a tempo completo, nas dúas convocatorias. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación adaptadas aos contenidos globais da asignatura. Polo tanto, estes alumnos non teñen a obligatoriedade entregar as actividades P1 a P4 anteriores. |
|