Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da
acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable
ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte
informático.
• Realizarase a través de
Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
• En caso de ser necesario
realizalos en papel:
- Non se empregarán
plásticos.
- Realizaranse impresións a
dobre cara.
- Empregarase papel
reciclado.
- Evitarase a impresión de
borradores.
• Débese de facer un uso
sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións
de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. |