Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 C1 C2 C5 É unha proba escrita que consta de 2 partes: teoría e problemas .
A proba de teoría (peso do 40% na cualificación ) constará de arredor de 5 cuestións de diversa amplitude sobre os contidos do programa.
A proba de problemas (peso do 60% na cualificación) consistirá na resolución de 1 a 3 problemas de diverso grao de complexidade sobre os contidos do programa.
Na parte de teoría valóranse a exposición razoada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento para chegar a unha solución.
Cada parte terá unha duración aproximada de 1.5 a 2.5 horas e a proba en total terá unha duración máxima de 4 horas.

Realizaranse dúas probas parciais no curso. A primeira, sobre os contidos desenvolvidos nos temas 1 ao 7 do programa, realizarase á metade do cuatrimestre; a segunda sobre os temas 8 a 13 terá lugar ao rematar o cuatrimestre.

A cualificación final da materia será a media das cualificacións das dúas probas parciais.

Quen non supere a materia na primeira oportunidade poderán realizar unha proba final (temas 1-13) no período da segunda oportunidade.



100
 
Observacións avaliación

A Cualificación final da materia será a media das cualificacións das dúas probas parciais.

Quen non superen a materia na primeira oportunidade poderán
realizar unha proba final (temas 1-13) no período da segunda oportunidade.


As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames e na
planificación do curso publicados polo centro

Soamente se cualificará
como NON PRESENTADO/A quen non concorra a ningunha das probas parciais.

En esta materia non se contempla a Dispensa Académica

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes