Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Estatística Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B5 B12 B13 B14 C1 C7 C8 Como alternativa á proba final mixta e co obxectivo de motivar o traballo continuado e distribuído polos alumnos, o/a profesor/a realizará dúas probas mixtas parciais organizadas ao longo do período lectivo, que serán eliminatorias. Para o desempeño das probas mixtas, o/a profesor/a pode solicitar o cumprimento dalgunha condición. 70
Proba oral A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Probas para avaliar a participación en clase do/a alumno/a.
As modalidades de proba oral establécense segundo os criterios do/a profesor/a: pode evaluarse a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición na clase de exercicios prácticos (individual ou/e en grupo) ) ou outro tipo de proba desenvolvida para este fin.
5
Aprendizaxe colaborativa A14 A15 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Realización de traballos en grupo cos que poñer en práctica os contidos da materia, especialmente a través das TIC. Cada traballo pode ser obxecto dun sistema de avaliación. 10
Proba de ensaio A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Probas para responder por escrito a preguntas de certo alcance. Pode incluír preguntas curtas e/ou tipo test.
Haberá varias probas ao longo do curso, e corresponderán aos temas que se desenvolven na aula.
Permite medir o coñecemento que o alumno/a adquire e comprobar a súa evolución na materia.
15
 
Observacións avaliación

As datas de realización das probas e a entrega de traballos serán anunciadas con antelación na aula. Está
prohibido acceder ás aulas onde se desenvolven as probas de avaliación
con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior ou o
almacenamento de información.

As
probas mixtas son consideradas fundamentais para a avaliación, polo que
será necesario obter un mínimo do 40% da nota en cada unha das dúas
partes da proba mixta. Para iso o alumnado dispón en cada unha das dúas partes da oportunidade do parcial, a 1ª oportunidade e a 2ª.

Cada
proba mixta parcial aprobada (50% da nota) libera esa parte da
materia, polo que o alumnado non terá que facer o exame final da parte
liberada. Se
o/a alumno/a aprobou pero quere facer o exame final para subir nota, debe
solicitalo ao profesor/a por correo electrónico e obter a súa
autorización. O
alumnado que obteña a cualificación mínima dun parcial, pero non o aprobe, poderá optar por presentarse ou non ao exame final correspondente, pero non requiren a petición ao profesor/a.

A nota global da materia completarase co resto das probas de avaliación continua de acordo coa súa ponderación. A
materia aprobarase cando se obteñan 5 ou máis puntos sobre un total de 10 en el total da materia, e se alcance a nota mínima en ambas
partes da proba mixta. No
caso de non alcanzar a nota mínima nalgunha das partes da proba mixta, a
cualificación máxima que o/a alumno/a poderá obter é de 4,5.

O alumnado aprobado na primeira oportunidade non poderán presentarse para subir nota na 2ª oportunidade.

O
alumnado que libere unha ou ambas partes nos exames parciais ou finais,
pero non aprobe a asignatura, só serán válidos para o curso actual. Se un/una alumno/a que liberou unha parte non aproba a materia no seu
conxunto nas oportunidades de xaneiro ou xullo, a súa nota final será
suspendida e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos
académicos.

No
que respecta á cualificación de Non Presentado/a, só a obterán o alumnado que
se presentara a actividades que representan menos do 20% da nota final.

No
caso de estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, aplicaranse as mesmas
normas de avaliación que ó resto. Están
exentos da asistencia ás clases pero teñen a mesma obriga de asistir a
calquera tipo de proba de avaliación, xa sexa de avaliación continua ou exame final.

As
condicións de avaliación da oportunidade avanzada serán específicas
para esta oportunidade, que será avaliada mediante unha proba mixta
que implicará o 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes