Guía DocenteCurso Escola Universitaria Politécnica |
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática |
Asignaturas |
Enerxías Renovables |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Enerxías Renovables | Código | 770G01031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Na clase de presentación se proxectará, coas explicacións pertinentes, a Guía Docente da asignatura; establecendo o remate unha quenda aclaratoria de dubidas que poidan xurdir os alumnos no referente a Guía Docente. |
Sesión maxistral | Os alumnos poderán dispor con antelación da colección de capítulos que inclúa a lección que o profesor explicará no xeito sesión maxistral. Para unha mellor comprensión das explicacións se engadirán recursos audiovisuais, transparencias u outros medios que a escola habilite |
Solución de problemas | Conforme se avance en teoría entregarase a os alumnos problemas que deberán resolver e entregar en prazos fixados polo profesor. Algúns destes problemas faranse na clase. O redor de 14 horas será o tempo destinado para a feitura de problemas. |
Traballos tutelados | A cada alumno o profesor asignará un traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, traballo que normalmente consistirá nun mini proxecto de execución individual, instalacións de aproveitamento fotovoltaico,térmico o eólico, temática e características do traballo que fixará persoalmente o profesor. |
Presentación oral | Os traballos solicitados o alumno terán que ser defendidos cunha presentación oral. A presentación dos traballos tutelados realizarase individualmente e o alumno dispón de media hora. A defensa farase en audiencia pública para o resto de compañeiros. |
Proba obxectiva | Queda a decisión do alumnado particionar o exame final, se optan por facelo acordarase consensuadamente a data e posteriormente publicitarase en moodle, nesa partición do exame FINAL entrarán os capítulos do tema I a tema VIII, no exame haberá preguntas de teoría e problemas cunha duración máxima de 4 horas. |
Proba obxectiva | Os alumnos que elixiron a opción de seccionar o exame final renuncian a facer o exame final total nas datas aprobadas na xunta de escola para a convocatoria de xaneiro sendo esa mesma data na que farán a segunda parte do exame final, no que entrarán os restantes temas da materia que se chegaran a dar nas sesións de clase, a estrutura do exame será semellante a proba mencionada con anterioridade. Os alumnos que non desexan seccionar o exame final, farán un único exame no que entre toda materia impartida. Os contidos ollados nas saídas de campo no caso de realizarse avaliaranse nesta proba obxectiva |
Saídas de campo | No caso de facerse saídas de campo, con anterioridade da realización da saída de campo, na aula explicarase a información subministrada referente a visita para que no percorrido das instalacións o alumno teña os mínimos coñecementos que lle permitan un óptimo aproveitamento. O alumnado deberá ter ollada a documentación da visita, información que poderá dispor o habilitárselle unha páxina na web da UDC dende onde poderá descargar a documentación pertinente. |
|