Solución de problemas |
Clases en grupos reducidos concebidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Estas clases están adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Moodle, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa posta en común nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais. |
Prácticas de laboratorio |
6 sesións de laboratorio de 3 horas de duración, nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula.
Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través de Moodle) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Os guións terán cuestións que deberán ser respostadas e entregadas unha vez rematadas as prácticas.
Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos e os procedementos experimentais. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica |
Proba mixta |
Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo. Nunha delas avaliarase a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría e de teoría aplicada e na outra proba avaliarase a aprendizaxe mediante a resolución de problemas |