A realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e asistencia a os obradoiros é obrigatoria. Por iso, facilitarase a todos los alumnos
a realización das actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e obradoiros) coa flexibilidade que
permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta e nas
prácticas de laboratorio unha nota igual ou superior ao 5. Por tanto, para os
alumnos cunha nota global igual ou superior a 5 que non alcanzasen a
cualificación de 5 en tanto na proba mixta como nas prácticas de laboratorio a
materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Os alumnos que
asistisen a menos do 75% dos talleres (6 sesións) recibirán unha cualificación
de 0 nese apartado (15% da cualificación global). Os alumnos que realizando as
prácticas de laboratorio non alcanzasen a cualificación de 5 poderán realizar,
como parte da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de
laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá á cualificación
obtida nas prácticas de laboratorio para o cálculo da cualificación global. Os
alumnos que non realizasen as prácticas e tampouco se presentaron á proba mixta
recibirán a cualificación de Non Presentado.
As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da
1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade os
alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación
substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade. Os alumnos avaliados na
2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas
para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na 1ª oportunidade.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade serán
avaliados mediante as prácticas de laboratorio e a proba mixta (dispénsaselles
de asistencia aos talleres, correspondente ao 15% da cualificación global). Por
tanto, na 1ª e na 2ª oportunidade, os talleres serán avaliados mediante a proba
mixta, que representará o 85% da cualificación global. A realización das
prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da
flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais
e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente
xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a
algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas de
laboratorio. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
(correspondente ao 100% da cualificación) que non deixe dúbidas sobre a
consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia.