O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS E NON PRESENCIAIS AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE ADICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS E 100 HORAS NON PRESENCIAIS. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA.
Para obter a cualificación de "non presentado" o
estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables
programadas.Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter
participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas.
Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10
puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. Para
superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do
resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva
escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na
que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A
necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas
cualificacións da primeira oportunidade.As cualificacións obtidas nas
actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico
vixente. O estudante que
suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e
avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente,
no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación contínua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.
No caso de estudantes a tempo parcial ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.
A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 18/19 as seguintes datas importantes:
Prácticas de laboratorio: do 18 de setembro ó 26 de outubro de 2018
Saída de campo: martes 25 de setembro de 2018
Portas abertas no laboratorio: do 17 de outubro ó 23 de novembro de 2018
Entrega do informe da saída de campo: xoves 11 de outubro de 2018
Entrega dos casos prácticos (e realización de exame de herbario): luns 10 de decembro de 2018