Realizarase un seguimento
continuado da adquisición de coñecementos mediante o control de asistencia as
clases, tanto teóricas como prácticas, a corrección de problemas resoltos polos estudantes, e o nivel mostrado no
desenvolvemento dos seminarios.
Para superar a asignatura (en calquera das dúas oportunidades), ademais do exame oficial, cada alumno terá que realizar un ou dous traballos consistentes na aplicación a algún caso práctico dalgunha das técnicas estatísticas estudadas. A calificación obtida nos traballos gardarase ó longo do presente curso académico.
Os exames oficiais de cada unha das dúas oportunidades consistirán na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a aplicación e interpretación dos métodos estudiados na materia.
En ambas oportunidades, xaneiro e xullo, será necesario superar as dúas
probas complementarias de avaliación de coñecementos sinaladas nos párrafos anteriores (Traballos tutelados e Proba obxetiva) para obter unha avaliación global positiva da materia. No suposto de non ter presentado o traballo tutelado na primeira oportunidade de xaneiro, será requirido na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes a tempo parcial deberán tamén entregar este traballo.
En calquera caso, superadas as
devanditas probas, a cualificación final poderá ser incrementada ata en 1
punto (sobre 10) en base ós resultados do seguimento continuado ao longo do
curso referido anteriormente.
En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO únicamente naqueles casos nos que o alumnado non entregue os traballos nin se presente ó examen oficial.
Todas as observación previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial.