Solución de problemas |
A10 B2 B5 B8 B10 B12 B13 B25 B26 B27 B28 C4 |
A solución dos problemas expostos polo profesor para a súa solución por parte dos alumnos serán obxecto dunha avaliación continua nos termos fixados para cada un deles no momento da súa formulación.
|
50 |
Os criterios de cualificación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación. Quere iso dicir que: 1) en ambas as probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas na metodoloxía "Solución de problemas"; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5 puntos (o 50% da avaliación final). Os estudantes en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terán as mesmas oportunidades que o resto dos alumnos para realizar a avaliación continua da materia. A cualificación final da oportunidade adiantada realizarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da materia.
|