Dado que no deseño currícular do MBA, para a valoración do alumno é
necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co
director responsable da empresa. A valoración do traballo desenvolvido
polo estudante en cada unha das materias soamente cobra sentido si
resulta adecuado para resolver os problemas de xestión da empresa na que
o alumno participa.
É evidente que o estudo de casos esixe para a súa realización a
aplicación adecuada das metodoloxías de solución de problemas, a
presentación oral dos resultados da análise, a capacidade de discutir e
defender os criterios que sustentan a análise e a procura, filtrado,
selección e consulta de fontes de documentación que apoien a análise.
En todo caso, o sistema de avaliación sería: 70% estudo de casos e 30% solución de problemas.
Os criterios de avaliación serán iguais tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de
exención de asistencia terase en conta o seguinte. En primeiro lugar,
empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de
comunicación principal para a xestión de contidos tutorías e entrega de
traballos. En segundo lugar, acordarase, ao comezo do curso, un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán
a mesma obrigación de realizar as actividades correspondentes e de
acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a teimpo
completo. E, en terceiro lugar, excepto para as datas aprobadas na Xunta
de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas
acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.