Sesión maxistral |
A2 A4 A5 A7 A8 A9 B2 B1 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C7 |
A asistencia á sesión maxistral poderá ser avaliada en función das intervencións nas mesmas que mostren o grao de coñecemento que o alumno vai adquirindo da materia explicada. A asistencia, pois, soamente contribuirá á nota obtida en función das respostas a cuestións que formule o profesor ou a comentarios que sobre a materia realice o alumno cando, a xuízo do profesor, mostren aquelas respostas e aqueles comentarios, un dominio axeitado dos contidos explicados. Neste apartado inclúense os exercicios sobre os contidos que se puidesen realizar ao longo do cuadrimestre. |
15 |
Solución de problemas |
A3 A4 A10 B3 B4 C6 C8 |
A resolución dos casos formulados na aula e comentados en presenza dos demais alumnos, utilizando o encerado, o proxector, etc. Inclúense nesta apartado os traballos que, dirixidos polo profesor, fosen presentados e defendido polos alumnos na aula. A cualificación máxima que se pode outorgar ao alumno pola solución de problemas e polas actividades do apartado de sesión maxistral é de 3 puntos. Os exames que se realicen durante o cuadrimestre poderán conter tamén problemas. As cualificacións dos exames que se propoñan durante o cuadrimestre non terán carácter liberatorio da materia, senón que a puntuación obtida (máximo 3 puntos) se sumará ao exame final. |
15 |