Mixed objective/subjective test |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 |
Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
|
70 |
- Para obter a cualificación de "Non presentado", os estudantes non poderán participar en actividades que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da cualificación obtida nelas.
- Mínimos das partes da materia: para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a 3 sobre 10 na proba mixta.
- Todas as oportunidades de avaliación se realizarán cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as cualificacións da avaliación continua realizadas durante o curso.
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo, realizando as análises de fontes documentais fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b) unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación; sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia. Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación.
- Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
|