AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o examen oficial o 60%. Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos no cómputo final da avaliación integrada por a proba ApS, Proba de resposta múltiple e Proba oral, sendo ademáis condición necesaria haber obtido un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. Caso de non acadar esta puntuación, suporá a non superación da asignatura, sendo a nota a puntuación obtida no examen. Con relación a proba oral, cada alumno ao longo do curso poderá ter varias intervencións e cada unha desas intervencións recibirá unha puntuación de ben, mal ou regular. Estas probas comenzarán a partires da segunda semana do curso, en poderán ter lugar calqueira día da semana que estime o profesor, sen necesidade de previo aviso. En caso de que o profesor chame a un alumno e este non se atopara na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero.
Con relación o ApS, esta proba está suxeita a disponibilidade de contar cunha entidade ou asociacion sobre a que poder realizar o proxecto de aprendizaxe-servizo. Caso de non poder ser, a porcentaxe da avaliación que corresponde o ApS trasládase a proba oral, pasando asi a ter un valor do 40% sobre o globa de puntuación final global.
ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación.
CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final.
AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura.