Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Criminal Law: Special Part
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis O estudantado, co asesoramiento das docentes, aprenderá a manexar bases de datos de xurisprudencia penal e a realizar unha análise crítica das diversas decisións xudiciais sobre a materia.
Collaborative learning O estudantado traballará en grupo diversos temas, debendo amosarse activo e colaborador cos compañeiros do seu grupo.
Directed discussion Nas clases prácticas, as docentes organizarán discusións sobre os temas esenciais da materia, nas que o estudantado deberá adoptar unha postura crítica e argumentada.
Introductory activities Nas clases prácticas, as docentes organizarán xuicios simulados, utilizando para elo a sala de vistas coa que conta a Facultade de Dereito. Nesos xuicios simulados, o estudantado deberá adoptar o rol de parte acusadora ou de parte defensora nunha simulación de proceso penal.
Events academic / information Ao longo do curso, organizaranse diversas xornadas, conferencias, etc., sobre temas de interese para o estudantado, complementándose así a sua formación.
Workbook As obras en cuestión serán seleccionadas cuidadosamente polas docentes e o estudantado terá a posibilidade de elexir entre o elenco que se lle propoña.
Objective test Plantexamento de preguntas acerca dos temas do programa da materia. As preguntas poderán ser tanto teóricas como prácticas.
Field trip Organizaranse visitas aos xulgados e tribunais da cidade, a fin de que o estudantado poda ver in situ o desenvolvemento da praxis xudicial.
Guest lecture / keynote speech Mediante o sistema de lección maxistral, as docentes introducirán ao estudantado nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás explicacións, as docentes poderán proporcionar materiais (sentencias, extractos de obras doutrinais...), ou un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación das docentes deberá ser complementada polo estudantado tanto cos materiais proporcionados ao efecto, como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes