Cuestións xerais:
A. O alumnado terá de entregar os traballos e exercicios no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección
lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no
día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).
B. Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado poderá presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso dunha cualificación insuficiente nas seccións relacionadas coa asistencia e coa participación, a cualificación do traballo constituirá 100% da final. Caso houbese convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados os mesmos principios de avaliación que na de xullo.
C. O estudantado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar
e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto cos profesores a través do correo electrónico. Tamén terán de contactar co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).