Obradoiro |
B4 B8 C1 C3 C5 C7 |
O 55% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 45% por taller, por outra.
No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras. |
55 |
Traballos tutelados |
A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 |
Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será aconsellable o seguimento por parte da profesora.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.
No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras. |
45 |
- Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles
estudantes que non superasen a materia, que asistisen
regularmente ás aulas e que realizasen un 60% das actividades propostas
terán que repetir unicamente aquelas actividades ou probas non superadas. - A profesora adaptará o sistema de avaliación a aqueles estudantes
que no poidan asistir ás aulas (por exemplo, os que teñen adicación a
tiempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou os que precisen da adopción de medidas encamiñadas ó
apoio á diversidade, co fin de non prexudicar as súas cualificacións. - Cualificarase como «NP» (non presentado) a
quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas
oportunidades. - Con respecto á realización de exercicios
prácticos e ao traballo final, deben entregarse no prazo fixado pola
docente. Esta resérvase o dereito de penalizar o material recibido fóra de
prazo.
|