A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (20%), traballo de ensaio (30%) e proba escrita (30%); para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora (20%).
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ademais, todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).
Na segunda oportunidade, deberanse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, e e aprobar a
proba mixta.
Terá a calificación de "non presentado" quen non realice o 50% das
actividades.
O/a estudante con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a súa disponibilidade. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación ou noutra equivalente deberá porse en contacto coa profesora no inicio das aulas, enviando un correo electrónico a laura.tato@udc.gal.
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle)
-------------------------
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).