Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema. |
Workbook |
O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística. |
Workshop |
Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicio estrutural, estudo de casos e solución de problemas, análise e corrección de documentos orais e escritos, redacción, debate, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia. |
Supervised projects |
Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará un traballo tutelado en grupo que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas. |
Events academic / information |
Valorarase a participación nestes eventos por medio de fichas, que se entregarán ao profesorado na data fixada. |