Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
Animarase a que a/o estudante que non teña cumplido este pre-requisito use o tempo de clase para facelo, mais esto implica que non poderá participar en ningunha actividade de clase ata que remate a lectura, polo que perde a posibilidade de obter puntos de participación por ese día.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
- A segunda
oportunidade de avaliación en xullo consistirá nun EXAME ESCRITO cos
seguintes apartados:
1) A primeira parte
terá un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, aplicaránse
os mesmos criterios, e computará o 50% da nota;
2) A segunda parte
consistirá nunha serie de preguntas curtas adicionais que compensarán polo
traballo feito na clase (Ver “Discusión dirixida” arriba) para a primeira
oportunidade de avaliación, e computará o 20% da nota;
3) E un ensaio argumentativo
sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre para os traballos tutelados,
que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar
a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
- Na primeira
oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 3,5
sobre 10 tanto na sección “Traballos tutelados” como en “Proba mixta”
para poder sumarllelas ao resto das notas de cara a intentar superar a materia.
Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima nas seccións 1 e
3 do exame escrito.
- Obterase unha
calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou
por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao
50%.
- O alumnado
matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de
curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de
xullo.
- O alumnado que se
presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase
segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
- O profesorado pode
usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do
alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a
cualificación de "cero" nesta actividade.
- Todos os traballos
e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha
penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
|