Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Normalización e Planificación da Lingua Galega |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Normalización e Planificación da Lingua Galega | Código | 613G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C2 | Cada estudante deberá entregar un breve relatorio en que relacione os contidos e debates teóricos abordados nas sesións presenciais co desenvolvemento da presentación oral e do traballo tutelado. Será valorada a clareza expositiva, o rigor metodolóxico e a capacidade crítica. | 20 |
Lecturas | A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 | As lecturas farán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán de ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. O profesorado estabelecerá lecturas obrigatorias para cada tema e poderá exixir a elaboración de comentarios de análise crítica sobre elas. | 20 |
Presentación oral | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 | O/a estudante terá de explicar e analizar criticamente unha acción de planificación lingüística desenvolvida nos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3 dos contidos. | 25 |
Traballos tutelados | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 | Cada estudante terá de desenvolver unha proposta de planificación lingüística, cuxo obxecto e orientación metodolóxica requirirá o visto e prace do profesorado en sesións de seguimento. Os traballos serán presentados e debatidos nunha sesión conxunta final. | 35 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico. Igualmente, a principio de curso deberá definir co profesorado o traballo tutelado que terá de desenvolver. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. O alumnado que se matricular na convocatoria adiantada de decembro será avaliado mediante o traballo tutelado (50%), as lecturas (30%) e o relatorio do obradoiro (20%). En todo caso, deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non entregar o traballo tutelado ou, caso de o entregar, non realizar ningunha das outras actividades previstas. |
|