1) Na aula especificarase os pormenores da realización do proxecto de investigación. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.
2) Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo práctico. Para obter esa nota total, farase a a media entre teoría e práctica, sempre que na parte teórica a nota non sexa inferior a 4, de acordo coas directrices de avaliación da Facultade de Filoloxía.
Será considerado NP o estudante que non se presente a esta proba mixta.
3) Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica.
4) En calquera das oportunidades da convocatoria única, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura.
5) Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00. O docente conta coa aplicación de detección de plaxios que pon á súa disposición a UDC.
6) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.
7) Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.