• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nun EXAME ESCRITO cos seguintes apartados:
1) A primeira parte terá un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, aplicaránse os mesmos criterios, e computará o 50% da nota;
2) A segunda parte consistirá nunha serie de preguntas curtas adicionais que compensarán polo traballo feito na clase (Ver “Discusión dirixida” arriba) para a primeira oportunidade de avaliación, e computará o 20% da nota;
3) E un ensaio argumentativo sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre para os traballos tutelados, que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
• Na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 tanto na sección “Traballos tutelados” como en “Proba mixta” para poder sumarllelas ao resto das notas de cara a intentar superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima nas seccións 1 e 3 do exame escrito.
• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.
• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.