A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral), insistindo especialmente na participación máis activa nas conversas, así como na corrección da pronuncia e da produción escrita.
Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter perfectamente consolidadas as competencias do nivel A2+ e terse iniciado nas competencias propias da primeira etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.