Traballos tutelados |
A2 A6 A7 A9 A11 A16 B1 B2 B10 |
Pediránse aos alumnos UN TRABALLO en inglés que non sobrepase as cinco páxinas, sobre UNHA DAS lecturas realizadas NO APARTADO FINAL DO PROGRAMA (CONTEMPORÁNEOS) o a experiencia práctica nas clases. A xuizo do profesor, sempre dacordo cos estudantes, os traballos poderían ser sustituidos por outras actividades. No seu caso, os ensaios e traballos escribiranse na aula no tempo de clase. Os traballo non redactados na aula estarán sometidos a unha breve presentación oral, ademáis da achega do texto físico. |
30 |
Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%) e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño, os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado", sempre que non o fixeron polo menos o 50% do traballo de avaliación, tamén durante o curso.
IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.
Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso. Quen teña concedida a dispensa académica,
e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será
avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. É sempre aconsellable utilizar materiais sostibles e papel procedente do reciclaxe. O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.
Máis sobre os plaxios
Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.
|