Prácticas a través de TIC |
Para experimentar cos conceptos estudados na materia, o alumno realizará dúas prácticas. A primeira estará centrada no análise de vulnerabilidades dunha aplicación web. O alumno partirá do código fonte de unha aplicación web e terá que detectar as vulnerabilidades, explotalas e corrixilas. A segunda práctica estará centrada nos mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso. O alumno partirá do código fonte dunha aplicación, que consta dunha interface de usuario e un servizo, e terá que encargarse de implementar os aspectos de autenticación, autorización e control de acceso, seguindo distintas estratexias. |
Proba de resposta múltiple |
Realizarase un exame de tipo test, cuxo obxectivo é comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha delas é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente. |