A suma das partes correspondentes o taller, as prácticas a través de TIC, a solución de problemas e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5.
Esixirase unha nota mínima de 1 punto sobre 4 na proba mixta. No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nos obradoiros, prácticas a través de TIC e solución de problemas.
Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando o estudante por unha de estas ou as duas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.
Alumnos matriculados a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin da avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba obxetiva.
En calquera caso, a data límite para a entrega das prácticas será a da proba mixta.