CRITERIOS XERAIS:
A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.
A materia divídese en dous partes, correspondentes a cada un dos bloques de contidos; a puntuación do bloque I é de 4 puntos e a do bloque II de 6 puntos. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis, cun mínimo de 2 puntos no bloque I e de 3 puntos no bloque II.
No bloque I, a avaliación consiste na resolución de exercicios de aplicación das técnicas con datos reais mediante excel, e no bloque II na realización de exercicios de aplicación das técnicas mediante SPSS. A través da plataforma Moodle se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.
Os alumnos presenciais realizarán as actividades en grupos de non máis de tres persoas; os alumnos on-line realizarán o traballo de forma individual.