Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Subjects
  Planning and management of destinations and touristic products of congress and conventions
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Facilitaranse como máximo aos alumnos dous textos ou lecturas de carácter obrigatorio como complemento ás sesións
maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se
formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas tanto polos alumnos da modalidade presencial coma polos da non presencial. Estas
consideraranse na avaliación final da materia, polo que é importante que todos os alumnos as entreguen.
Supervised projects Para o caso de modalidade presencial:
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un
congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán crearse entre dous e
tres grupos de traballo.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así
como o seguimento do labor levado a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Para o caso de modalidade non presencial:
A elaboración do traballo será individual, salvo que alguén desexe formar grupos virtuais con outros alumnos da súa mesma
modalidade, o cal deberá comunicalo coa suficiente antelación á profesora.
Para os alumnos desta modalidade o traballo terá o mesmo contido que no caso da modalidade presencial.
Os alumnos non presenciais tamén serán tutorizados de forma continua e farase un seguimento do seu traballo de forma
individual ou colectiva, segundo sexa o caso.
Poderán expoñer o seu traballo utilizando para iso os medios audiovisuais que sexan posibles e esteñan ao alcance de todos.
Field trip Saídas externas para coñecer in situ o funcionamento de empresas relacionadas coa organización de eventos.
Oral presentation Os diferentes membros do grupo, ou os alumnos de forma individualizada deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten
especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final.
Guest lecture / keynote speech Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de
presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa
finalidade de favorecer a súa aprendizaxe
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes