Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos que conforman o marco teórico da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Concretamente na MODALIDADE PRESENCIAL consiste en clases teóricas para a presentación dos contidos da materia; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia e/ou a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/prácticos ... Na MODALIDADE ON-LINE trátase de diverso material teórico/práctico sobre os contidos da materia a disposición dos alumnos para a súa lectura; así como, a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia mediante foros/debates on-line e/ou a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/prácticos, .. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Concretamente, tanto na MODALIDADE PRESENCIAL como na MODALIDADE ON-LINE, consiste na realización dun problema/exercicio final de coñecementos sobre o contido da materia ao que haberá que dar resposta xustificada a unha serie de preguntas curtas. |
Presentación oral |
Os alumnos de modalidade presencial realizarán a exposición oral do seu traballo. Dita presentación será valorada na nota final. Os alumnos de modalidade a distancia entregarán a presentación en power point e acordarase con eles, por parte dos profesores, un foro de debate virtual. |