As cualificacións finais serán o resultado da suma de 2
bloques de notas:
a.- A proba obxectiva, que estará baseada nun exame por
escrito ao final do curso, e que aportará o 65% da nota. Será
imprescindíbel aprobar este exame para poder aprobar a materia. Non
presentarse ao exame final conlevará a cualificación de "Non Presentado"
na materia.
b.-
A participación activa en clase: discusión dirixida,
estudo de casos, reflexion sobre as lecturas (e no seu caso exposicion
das lecturas con cargo a grupos) e traballo obrigatorio sobre un ritual,
que
aportarán conxuntamente o 35% da nota
Caso de que o estudante non
se presentase a/non superase o exame na convocatoria de xaneiro, as
cualificacións correspondentes a este segundo concepto (participación
activa en clase) gardaranse para a convocatoria de xullo.
UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.