Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Globalización, medio ambiente e poboación
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- O proceso de globalización e a súa incidencia no medio ambiente. Apuntamentos de ecología política desde a socioloxía para a comprensión do proceso de globalización, os seus desafíos pasados, presentes e futuros e diversos debates teóricos para contextualizar a presente relación entre economía, medio ambiente, sociedade e Estado.
TEMA 2.- Neoliberalismo, extractivismo e políticas de conservación. Profundización no coñecemento do desenvolvemento económico neoliberal, os novos extractivismos e as políticas de conservación como terreos desde os que analizar a relación entre globalización, medio ambiente e poboación.
TEMA 3.- Coñecer o medio, gobernar o medio. Estudo das distintas formas de coñecemento ambiental, a súa vinculación con diversas estratexias de xestión e o papel das relacións de poder.
TEMA 4.- Movementos sociais e xustiza ambiental. Estudo do desenvolvemento do ambientalismo e o ecoloxismo utilizando Galicia como centro de conflitos ambientais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes