O tratarse dunha materia optativa o alumno que non poda cumplir co requisito de asistencia e participación é mellor que faga modificación da matrícula. É imprescindible a participación activa nas prácticas para poder comprender e asimilar os contidos da materia. Cada estudante debe ter o seu equipamiento básico: bañador, gorro, gafas e pinzas para o nariz. Hai diferentes tipos de prácticas e non todos implican meterse dentro da auga en todas as sesións. O traballo en equipo é fundamental para poder abordar unha das partes da avaliación con maior peso (elaboración dunha rutina). Para a formación dos equipos déixase liberdade (mínimo 4 e máximo 10 compoñentes). O seguimento diario da materia facilita a súa asimilación de maneira que o exame final só é un complemento para garantir a lectura e comprensión dalgúns conceptos básicos do regulamento. O idioma das clases presenciais utilizado habitualmente pola profesora será o castelán, pero os alumnos poderán utilizar o galego cando o desexen. A lingua inglesa será utilizada nas consultas dalgunhas fontes bibliográficas e pódese utilizar en clase sempre que os alumnos o comprendan. |