Introducir ao alumno no deseño e cálculo de estruturas non convencionais e por iso menos frecuentes na actividade profesional normal, con especial incidencia en estruturas lixeiras, cubertas de grandes luces e edificios en altura.
Ante á constante evolución dos medios e procesos dixitais como instrumentos de deseño, análise, representación e fabricación, proponse ao alumno a súa inmersión no uso de ferramentas informáticas de analisise estrutural. Para iso utilizaranse procesos baseados en B.I.M (Building Informatión Model) profundizando na relación entre o modelo de información do edificio e o modelo analítico. Analizarase o formato IFC (Industry Foundation Classes) como ferramenta de intercambio de información entre o diferentes paquete de software analizados ao longo do curso. O alumno poderá facer uso adecuado dos programas dispoñibles no Laboratorio de Deseño Asistido da Escola Técnica Superior de Arquitectura: Revit, Robot Structural Analysis, Dynamo, Dynashape ou plataformas de libre distribución como o módulo Kangaroo e Flexhopper sobre Rhinoceros-Grasshopper entre outros.
Así mesmo enlazaranse os coñecementos adquiridos no proceso da elaboración do proxecto de estruturas coas ferramentas de fabricación dixital, impresoras 3D e máquinas de control numérico dispoñibles no Laboratorio de Fabricación Dixital da ETSAC. Para iso realizaranse unha serie de prácticas que partindo de exemplos elementais posibiliten a creación e posterior análise estrutural de modelos a escala reducida.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.