Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio son a dinámica prinicipal de aprendizaxe nesta materia.
O alumno debe levar os enunciados das prácticas ao laboratorio, ter claro en que consiste a práctica é executala, para o que conta coa asistencia do profesor na resolución das súas dúbidas.
Unha vez finalizada a práctica debe mostrar o seu funcionamento ao profesor, comentala e demostrar que adquiríu os conceptos correspondentes.
As prácticas son controladas individualmente de xeito que ao finalizar as mesmas queda un rexistro da execución das mesmas. |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva é polo xeral unha única proba final, na que se fan cuestións breves, de asociación, de resposta múltiple, etc.
A temática comprende tanto o exposto nas sesións maxistrais como o aprendido nas prácticas de Laboratorio.
Aínda que se reserva un total de 3,5 horas para a realización desta proba, normalmente cunha hora é suficiente para a súa realización. |