Proba obxectiva: Terá carácter obrigatorio pra aqueles alumnos que non participen da evaluación continua da materia ao longo do curso (o seu cumprimento requerirá un mínimo do 80% de asistencias, realizar a totalidade de prácticas de laboratorio coa memoria correspondente e ter entregado un 85% dos traballos propostos ao grupo ou individualmente).
Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia. Verificar o grado de alcance dos obxectivos propostos.
O examen final global, como avaliación única, consistirá nunha proba de dúas partes, con valoración independente, nas que deberá obterse un mínimo de tres puntos en Teoría e cinco en Práctica. Con calqueira pregunta ou apartado das dúas partes totalmente en branco non se poderá aprobar.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2 do Código STCW, e recollido no sistema de garantía de calidade, teránse en conta na hora de diseñar e realizar a avaliación.
O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO
NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):
- Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: 50%, quedando exenta a asistencia as clases maxistrales