Ofrécense ao estudante dous sistemas de avaliación:
Avaliación por curso: require a asistencia obrigatoria a clase (mínimo 80% das clases teóricas e todas as clases prácticas) e a realización correcta dos exercicios que se efectuarán e recollerán nas clases prácticas, así como dos exercicios non presenciais que se indiquen. O incumprimento deshonesto das condicións da avaliación suporá o suspenso na convocatoria. Existirán exercicios voluntarios para mellorar a cualificación da materia.
Sistema de cualificación para a avaliación por curso:
Prácticas obrigatorias + casos de entrega obligatoria: 70%.
Nota mínima en cada práctica 7 sobre 10
Mandarase repetir unha vez ao que non o alcance e os apartados nulos (deixados en branco ou con resposta absurda)
Se na repetición non se alcanzan 7 puntos (sen penalización) ou non se completan todos os apartados suporá non superar a avaliación por curso
De cara á nota final: penalización do 50% dos puntos fallados e do 100% dos deixados en branco/absurdos
O peso na cualificación de cada práctica e caso de entrega obrigatoria esablecerase en función do seu contido e do total de elemantos de avaliación do curso.
Prácticas voluntarias: 25 % (non hai nota mínima)
Asistencia por encima do mínimo: 5 %
Mínimo para superar a materia 4.9 puntos sobre 10
Avaliación final: os estudantes que non queiran acollerse á avaliación por curso, que non a superen, ou que non poidan asistir regularmente a clase serán avaliados mediante un exame final.