Cada taller terá unha avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo de actividades pondera o 40% na cualificación final.
Para obter cualificación de "non presentado", os estudantes non poderán realizar actividades que ponderen o 20% ó máis na avaliación do curso, independentemente da cualificación obtida nelas.
Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as cualificacións da avaliación continua (talleres, presentación oral) realizadas durante o curso.
Estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: deben comunicar a súa situación ao profesor da materia. A plataforma moodle e o correo electrónico (con dominio UDC) serán utilizados como a principal canle de comunicación para as tutorías. Non se require asistencia obligatoria a clase, pero terán a mesma obriga de realizar actividades e asistir a calquera tipo de proba de avaliación que os alumnos a tempo completo.
Condicións de realización dá avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.